Sesións de Sobremesa: Exeria

Dende a Produtora Cultural Toxo Verde creamos as Sesións de Sobremesa. Unha serie de temas en formato íntimo que estrean a súa primeira entrega ca banda ponteareá Exeria. Desta forma, buscamos achegar ao público eses momentos de sobremesa onde nacen cancións, ideas e conversas nas que todos pensamos que podemos cambiar o mundo. As presentacións íntimas destas pezas musicais terán unha continuidade cos diferentes artistas que traballan pola música galega en Toxo Verde. Esta Sesión en concreto, foi realizada no Restaurante Rías Baixas Tapería e conta co apoio na parte de son de Lufs Studios. .

Cliente: Toxo Verde e Exeria

Categoría: Sesións de sobremesa

Data: Xaneiro 2024

Focos, Lumes Nunca Máis - Skadelos

Neste tema, Skadelos afonda sobre a problemática dos lumes en Galicia.

A problemática de incendios en Galicia repítese ano tras ano. Tódolos anos búscanse culpables individuais ou colectivos en vez de focalizar no importarte: solucións. Tódolos anos a solución práctica é a mesma: o pobo, só o pobo salva o pobo.

Este videoclip rodouse no monte queimado da Parroquia San Cosmede de Cusanca (O Irixo) e na Capela da Madalena (O Carballiño).

Cliente: Skadelos

Categoría: Videoclip

Data: Decembro 2022 – Marzo 2023

BUCLE - Filloas x Amorodo

FILLOAS púxose en contacto con nós para a realización do videoclip de «Bucle», o primeiro adianto do seu vindeiro disco longo. Unha canción en clave urbana,e na que colabora cun dos artistas da familia de Toxo Verde, AMORODO. Neste tema, o artista de Coruxo, volta explora desacougos da xeración millenial.

Esta rodaxe levouse a cabo na Canteira de Paredes, no Rañadoiro, en Acevedo e en Pontecaldelas.

 

Cliente: Filloas x Amorodo

Categoría: Videoclip

Data: Xaneiro – Febreiro 2023

Insectos - Meu Rock Gz

O 15 de novembro é o Día Internacional Sen Alcohol impulsado pola OMS debido a problemática que supón o alcoholismo na sociedade actual. Como resposta, o grupo Meu Rock GZ compuxo esta canción sobre a sensación que experimentan os alcohólicos cando non consumen: o formígueo, os insectos baixo a pel.

A alucinosis alcohólica está presente no consumo crónico de alcohol, a droga legal máis habitual no País. Borja tenta despexarse da súa adicción ó alcohol dando unha volta no seu barco. Na travesía recibe a visita dos alcohois que máis consume: o licor café, os cubatas, o viño, a cervexa e o vermú; que o incitan a beber personificados polos integrantes da banda Meu Rock GZ.

Cliente: Meu Rock GZ

Categoría: Videoclip

Data: Agosto – Novembro 2022

Par - Amorodo

Par é un dos primeiros traballos de Toxo Verde. Nel traballamos con AMORODO, un artista galego emerxente.

Par forma parte de Pancentrismo, o último traballo deste músico.

Nesta rodaxe quixemos converter ao protagonista nun home que traballa nas bateas. Desta forma tentamos facer unha pequena homenaxe a todas esas mulleres, nosas avoas que perderon a súa parella no mar e quedaron nunha eterna espera.

Tendo moi en conta esa peculiar relación que temos as galegas co mar que sabemos que da e quita moito.

Esta rodaxe contou coa colaboración de Lala e Fran, e do CHINCHO II.

Cliente: Amorodo

Categoría: Videoclip

Data: Setembro 2021

Outro Día Máis - Meu Rock Gz

Outro Día Máis é un videoclip no que traballamos da man do grupo da comarca de Deza, Meu Rock Gz. Este videoclip foi rodado en Lalín, Rodeiro, Pontevedra e Redondela.

Outro Día Máis forma parte dunha serie de cancións gravadas en Cinemática Estudios, en Cerceda, e que están presentando ao longo deste 2022 cunha gran acollida por parte dos seus seguidores

O lugar de ensaio das bandas locais é moitas veces o punto de encontro de moitas xeracións. Neste videoclip do tema Outro Día Máis nosos protagonistas escapan da dor de romper cas súas parellas aparecendo nun ensaio de Meu, deixando atrás esa tristeza e celebrando a amizade.

Esta rodaxe contou ca colaboración de Cervexas Nasa, da Taberna Alola (en Lalín) e do Concello de Lalín.

Cliente: Meu Rock GZ

Categoría: Videoclip

Data: Maio 2022