Toxo Verde nace a partir de «Cinzas» (2017), un documental sobre a problemática dos incendios en Galiza. Neste proxecto, Clara (Saia Vermella) e Jose (Wild&Woods) descobren que teñen as mesmas inquedanzas. Dende o 2017 ata agora traballan en diversos proxectos xuntos ata que deciden crear unha Produtora Cultural a partir dos valores que comparten. Deste xeito, a Produtora Cultural Toxo Verde ofrece un servizo coidado, en galego, á medida do usuario e sempre tendo presente a natureza.
A NOSA PRODUTORA
01.
Natureza
02.
Lingua
03.
Tradición
04.
Modernidade
PROXECTOS
En Toxo Verde traballamos con usuarios de distintas ramas profesionais, dende músicos e artistas ata empresas ou institucións públicas. O que sempre buscamos para todos eles é un resultado da maior calidade posible e a gusto do cliente. Aquí deixamos unha mostra de algúns dos nosos traballos.
SERVIZOS
Que atoparás en Toxo Verde?
En Toxo Verde ofrecemos un servizo coidado, en galego, a medida do usuario e sempre tendo presente os nosos valores.
Audiovisual
Xestión
Formación
Redes sociais
Management
Obradoiro
Músicas GalegAs (con Rodri Míguez).
Facemos un percorrido pola historia da música galega a través de xogos
didácticos acompañados do tiktoker Rodri Míguez (periodista musical). Focalizamos en que os alumnos e alumnas escoiten música en galego, ofrecémoslles ferramentas actuais para acceder a música galega e achegamos a variade de xéneros que existen dentro da música galega.
Videoclip
En Toxo Verde traballamos da man de grupos e artistas, adaptándonos a eles e engadindo a nosa visión, ofrecendo un produto coidado e coa maior calidade posible.
ARTISTAS
Amorodo
Meu
Mj Perez
Gallego Común
Tecor Societário
Noite Atari
COÑÉCENOS

Clara (Soutomaior, Pontevedra) é Técnica Superior en Realización e Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos. Ademais está Graduada en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios con Mención en Literatura e Escrita Creativa Galega e conta cun Máster en Xestión Cultural con Mención en dirección e produción de eventos culturais.

Jose (Padrenda, Ourense) é Técnico Superior en Realización e Produción de Proxectos Audiovisuais e Espectáculos. Especializado en fotografía, vídeo e montaxe acreditado en AVID Media Composer e Davinci Resolve. Conta xa cunha ampla experiencia no sector audiovisual traballando en diversos programas de TV, curtametraxes e documentais.
CONTACTO
ESCRÍBENOS
Comecemos un proxecto xuntos!
Tes un proxecto? Compartes os nosos valores? Ponte en contacto con nós e pide presuposto sen compromiso:


